A Fundación Seoane experimenta cos sons no Festival FASE
outubro 30, 2008
O Festival FASE nace na Coruña para buscar novos sons. Para iso, os organizadores explicaban onte na presentación do encontro que contarán con “músicos que saian da ortodoxia, do normativo máis obvio, do previsible”. O programa organizado pola Fundación Seoane conta nesta primeira edición con 2 concertos, unha cifra que pretenden aumentar para as vindeiras ocasións. O guitarrista coruñés Miguel Prado e o laudista holandés Josef Van Wissem serán os encargados de abrir mañá venres este certame, mentres que o segundo concerto será o 28 de novembro.