Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sinfónica de Galicia escolle un programa variado para o Festiclass
A Sinfónica de Galicia escolle un programa variado para o Festiclass
outubro 28, 2008
Comezou o ano pasado coa intención de rachar cos tópicos habituais da música clásica (que non se entende, que é cara, e as dificultades para poder asistir aos concertos). O resultado foi Festiclass, un programa que ofrece cinco concertos a prezos de entre catro e doce euros, con explicacións e descargas no sitio web e con transporte para os que vivan na área metropolitana da Coruña. Se o ano pasado se apostara por interpretar a Beethoven con gran éxito de público, este ano a Sinfónica de Galicia repite iniciativa con algún pequeno cambio. Cambia o monográfico por un programa variado con pezas de Sibelius, Mahler, Falla, Mendelssohn e Joaquín Rodrigo. A venda de abonos producirase do 5 ao 22 de novembro, mentres que as entradas comezarán a venderse de xeito individual a partir do 25 de novembro.
Tamén che pode interesar:
- 3/ 12/ 2008 | A Sinfónica de Galicia participa no proxecto de YouTube para crear na rede unha orquestra
- 6/ 3/ 2008 | Comeza a xira do musical “Galleciae” que mestura tradición galega coa sinfónica
- 21/ 11/ 2007 | A Sinfónica de Galicia crea un programa para achegar a música clásica a todos os públicos