Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Orquesta Olympus superará os seus límites nun espectáculo de máis de vinte e catro horas

NEGREIRA ACOLLERá ESTA FIN DE SEMANA O MULTITUDINARIO E éPICO MACRO-CONCERTO

A Orquesta Olympus superará os seus límites nun espectáculo de máis de vinte e catro horas

MISCELáNEA | outubro 28, 2008

not_13325.jpg

A Orquesta Olympus volverá a subirse ao escenario por segundo ano consecutivo coa intención de superar a marca Guinness mundial que eles mesmos estableceron o pasado ano de vinte e catro horas de actuación musical ininterrompida. Milleiros de persoas volverán encher ás rúas da localidade para animar aos artistas, o cal precisou una serie de preparativos por parte da organización con zona de acampada, carpas, servizos, aparcamento, plan de tráfico e seguridade, etc. O espectáculo Un millón de fiestas contará con máis de 65.000 vatios de son e catro pantallas xigantes de vídeo e está prevista a actuación de artistas convidados como Cómplices, Astarot, Toñito de Poi e Rasa Loba, Sabela, Eva Carreras e Sito Mariño entre outros. Na media noite do día 31 de outubro, venres, comezará a soar a música que xa non parará ata superar as 24 horas da anterior marca. A hostalaría da vila tamén terá horarios excepcionais de 25 horas durante esta fin de semana.