Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Importa Santiago D.C. quere situar a cidade no panorama da música independente

O PROGRAMA PORASE EN MARCHA NO 2009

Importa Santiago D.C. quere situar a cidade no panorama da música independente

INDIE | outubro 21, 2008

imaxe non dispoñible

A Sala Capitol quere facerse un oco no panorama da música independente. Para iso, co apoio do Concello de Santiago presenta dous concertos que concentran a filosofía a seguir: grupos de renome no panorama independente e unha programación estable. Deus (23 de outubro) e Gogol Bordello(11 de decembro) son un anticipo de Importa Santiago D.C., o ciclo que se estreará no 2009 e que pretende converterse nunha referencia para a música independente con concertos de pequeno formato. O apoio do Concello de Santiago permitirá, ademais de custear parte do elevado caché destas formacións, abaratar o prezo das entradas.