Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Dezasete empresas e os festivais galegos representarán a nosa música no Womex

O FESTIVAL CELEBRARASE EN SEVILLA ENTRE O 29 DE OUTUBRO EO 2 DE NOVEMBRO

Dezasete empresas e os festivais galegos representarán a nosa música no Womex

MISCELáNEA | outubro 20, 2008

imaxe non dispoñible

Galicia contará cunha presenza especial na vindeira edición do festival Womex, que se celebra en Sevilla entre o 29 de outubro e o 2 de novembro en Sevilla, logo de ser designado País Focus pola organización. A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá a delegación que acudirá a este encontro, centrado nas músicas do mundo e de raíz. Dezasete empresas do sector discográfico galego coma Abada, Edicións do Cumio, Ouvirmos ou La Fábrica de Chocolate participarán baixo o selo Galician Tunes. Ademais, A Consellaría presentará a publicación Galicia festivals na que recolle as principais citas de música ao vivo que existen no noso país coma Ortigueira, Cantos na Maré, o Festival Mozart ou Via Stellae entre moitas outras.