Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / La Fábrica de Chocolate Club presenta a súa primeira memoria visual
La Fábrica de Chocolate Club presenta a súa primeira memoria visual
outubro 9, 2008
Setenta páxinas de imaxes tomadas por un dos mellores fotógrafos especializados en música, Janite Lafuente, enchen de música a primeira memoria visual de La Fábrica de Chocolate Club que se presenta este venres a medianoite. En só tres anos de vida a sala viguesa xa leva acollido numerosos concertos e polo seu escenario pasaron músicos e grupos dos mais valorados na escena nacional e internacional, xunto coas bandas galegas emerxentes. Artistas como Elliot Murphy, Marky Ramone,Deluxe,Sex Museum,The Posies ou Elodio y los Seres queridos entre outros moitos foron retratados en directo por Janite e agora parecen nas páxinas deste libro que se presentará e agasallará aos asistentes este venres á noite. Janite é o fotógrafo oficial do club e ten presentado numerosas exposicións co seu traballo gráfico arredor do mundo da música, coñecido tamén polas fotografías promocionais de grupos galegos, formou parte da cobertura gráfica do Festival de Benicássim.
Tamén che pode interesar:
- 4/ 5/ 2012 | Funk'n Bastards estréanse con Brainstorming
- 1/ 2/ 2008 | As discográficas galegas voltan do Midem con acordos comerciais
- 28/ 12/ 2007 | Phantom Club presentan o seu disco co que inician xira en xaneiro
- 15/ 6/ 2006 | Os vigueses Ectoplasma presentan en La Fábrica de Chocolate o seu primeiro disco