Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Luis Soto e Diego García promoven a creación dun repertorio musical galego para frauta e piano

OS COMPOSITORES CEDEN AS SúAS PARTITURAS A CAMBIO DE QUE SEXAN INTERPRETADAS

Luis Soto e Diego García promoven a creación dun repertorio musical galego para frauta e piano

CLáSICA/LíRICA | setembro 23, 2008

imaxe non dispoñible

ARTeria Noroeste achegará esta tarde (20:00 horas) un concerto de Luis Soto e Diego García cun programa moi particular: pezas de compositores galegos para piano e frauta. Non é máis que a punta do iceberg dun proxecto que leva o nome de Galicia 21 que pretende crear: primeiro, un repertorio galego para estes dous instrumentos; segundo, formar unha editorial que poida editar esas partituras para que, en terceiro lugar, poidan pasar ao currículo académico dos estudantes de música. Un proxecto ambicioso posto en macha Luis Soto e ao que se uniu Diego García nese afán por arquivar e manter o patrimonio musical galego.

AUDIO
Luís Soto explica as claves do proxecto