Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A revista El Cultural destaca catro concertos en Galicia da temporada sinfónica

A PROGRAMACIóN ESTá ANEGADA DE CONMEMORACIONS A PUCCINI, MENDELSSOHN, HAYDN E PABLO SARASATE

A revista El Cultural destaca catro concertos en Galicia da temporada sinfónica

CLáSICA/LíRICA | setembro 12, 2008

imaxe non dispoñible

Comeza a temporada sinfónica que, segundo a revista El Cultural destaca por non ofrecer grandes sorpresas nin grandes exceso. No seu repaso á programación anual a publicación ofrece as citas ineludibles entre as que hai catro concertos en Galicia. Comeza co concerto inaugural da Real Filharmonía na Catedral de Santiago o vindeiro día 26 de setembro cun programa sobre Mozart. Tamén en santiago, o 16 de outubro destaca a visita do inglés David Atherton para dirixir á Filharmonía cun programa sobre Igor Stravinksy (Auditorio de Galicia). As outras citas son para a Sinfónica de Galicia: unha na que presentará A Walkiria de Wagner (25 de outubro), outra na que achegará obras de Grieg e Bruckner e, por último, o ciclo de Mendelssohn (16 e 23 de xaneiro).