Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ecléctica Ensemble presenta o seu disco en sociedade na Coruña e Vigo

O DISCO PODE DESCARGARSE DE BALDE DESDE O SITIO WEB DO COLECTIVO

Ecléctica Ensemble presenta o seu disco en sociedade na Coruña e Vigo

ELECTRóNICA | setembro 12, 2008

not_12437.jpg

O colectivo musical no que militan Ugia Pedreira, Ramón Pinheiro, Nacho Muñoz, Richard Rivero e Phiplippe Copin entre outros volve á carga na presentación do seu primeiro disco autoeditado Ecléctica Ensemble. Malia que o 19 de xuño fixérase xa una festa de presentación do disco é agora, pasado o verán e os compromisos dos músicos, cando fan una presentación en sociedade a través de dous encontros co seu público na Coruña e Vigo. Ramón Pinheiro e Nacho Muñoz actuarán como voceiros do colectivo presentando a filosofía deste peculiar traballo musical. As citas comezan hoxe ás 19 horas na Fnac da Coruña e seguen o vindeiro martes ás 11:45 horas no MARCO en Vigo. Un espectáculo multimedia amenizará as presentacións. O vinilo de seis temas ven acompañado por un CD coas cancións e un cartel deseñado por Pancho Lapeña de Aduaneiros sem fronteiras. Ecléctica Ensemble naceu ao abeiro do Conservatorio de Música tradicional e Folque de Lalín no ano 2000.

AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Deixa-me Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
O Menino Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
A Fía Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Maio Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
O Suspiro Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Arrole Licenza
datos do disco