Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Kimuru presenta en concerto o seu segundo disco Piedras y Confetis

NOVOS MúSICOS SúMANSE A ESTA ETAPA DO PROXECTO MUSICAL DO ARTISTA LUGUéS

Kimuru presenta en concerto o seu segundo disco Piedras y Confetis

POP | setembro 10, 2008

not_12951.jpg

Quique Fernández Muruáis, o músico de Lugo tamén coñecido como Kimuru, actúa hoxe ás 21 horas no Parque Rosalía de Castro da súa cidade na que será a presentación pública do seu segundo traballo. En “Piedras y Confetis” Kimuru volve aos métodos compositivos e aos temas que xa usou en “Todas las naves espaciales son de plástico” (Falcatruada, 2006) malia asegurar que non se trata de un disco continuista co anterior grazas a un distinto sentido da atemporalidade. O disco está producido de novo por Arturo Vaquero e o propio Kimuru, sae autoeditado e foi gravado a finais do 2007 nos Estudios Abrigueiro de Friol Lugo. Entre os cambios máis notables está a entrada de novos músicos no proxecto musical liderado por Quique Muruáis, como son Xosé Luis Saqués á batería e Xavier Pérez no piano e guitarra. A entrada ao concerto é de balde.

datos do disco