Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O teatro galego comparte protagonismo nas programacións de Santiago e Vigo

SANTIAGO RECUPERA OS SEUS CICLOS HABITUAIS COMO O DE LIED E REPITE COA DANZA

O teatro galego comparte protagonismo nas programacións de Santiago e Vigo

CLáSICA/LíRICA | setembro 4, 2008

imaxe non dispoñible

Diferentes entidades presentan estes días a súa programación cultural para os vindeiros meses. Onte fíxoo o concello de Santiago que segue fiel ao seu estilo programando teatro galego, o ciclo de Lied mais o regreso do programa de baile SCQ Danza. Ademais, coincide co inicio da temporada da Real Filharmonía de Galicia que ofrecerá un concerto na Catedral o vindeiro día 26. Pola súa parte, o Teatro Principal de Ourense acollerá 23 espectáculos nos que se pon o énfase no teatro galego e no ballet clásico. Ademais, os programadores presentaron un ciclo de música de cámara todos os xoves co que pretenden combater a idea de que a música é só para as elites.