Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Fuxan os ventos ofrecerá dous concertos en Santiago tras vinte anos da súa última actuación

O ESPECTáCULO CHáMASE TERRA DE SOñOS E FAI PARTE DO CICLO SONS DA DIVERSIDADE

Fuxan os ventos ofrecerá dous concertos en Santiago tras vinte anos da súa última actuación

FOLK | setembro 3, 2008

not_12900.jpg

Hai máis de dúas décadas que o grupo Fuxan os Ventos decidiu poñer punto e final a unha traxectoria de máis de trinta anos e oito disco editados. Despois de todo este tempo,os seus compeñentes decidiron voltar ao escenario para dous concertos. Son os que fan parte do ciclo Sons da Diversidade que organiza a concellaría de Cultura en Santiago e no que porán en escena o espectáculo Terras de soño. Nas sesións recuperarán as súas cancións máis senlleiras como A Carolina ou A Sementeira na compaña dalgúns dos “seus mellores amigos”, tal e como figura na nota de prensa remitida. A cita será os días 18 e 19 de outubro en Santiago.

Fuxan os ventos