Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Teatro Colón estreará a ópera galega “Camiñar polo arame cunha lata de cervexa”

A OBRA é UNHA PRODUCIóN DA ASOCIACIóN DE AMIGOS DA óPERA

O Teatro Colón estreará a ópera galega “Camiñar polo arame cunha lata de cervexa”

CLáSICA/LíRICA | agosto 14, 2008

imaxe non dispoñible

A Coruña conta cunha gran tradición operística. Desde hai varias décadas existe unha asociación que organiza un festival de ópera, hai outro a maiores dedicado a Mozart e, ademais, nesta cidade estrearase en breve unha ópera contemporánea. Leva por título Camiñar polo arame cunha lata de cervexa e Juan Durán é o compositor e Manuel Lourenzo o dramaturgo. A ópera galega, que se estreará o vindeiro 13 de setembro (ás 21:00 horas), contará coa participación do Grupo Instrumental Século XXI, o barítono Javier Franco e a sorprano Carme Durán e a escenografía é de Rodrigo Roel.