Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Pablo Devigo consegue o trofeo McCrimmon do Festival de Lorient

É O GAITEIRO MáIS LAUREADO DESTE ANO

Pablo Devigo consegue o trofeo McCrimmon do Festival de Lorient

FOLK | agosto 6, 2008

imaxe non dispoñible

O 2008 é o ano de Pablo Devigo (Castro Caldelas, 1990). Principalmente porque este gaiteiro de 18 anos foi o gañador dos festivais de gaita de Bandeira, A Estrada, o Manuel Villanueva de Poio e o de composición organizado polo concello de Ferrol e que leva o nome de "Constantino Bellón" . O último premio que acaba de sumar engadir ao seu palmarés é o trofeo McCrimmon na modalidade de “gaita” (existe tamén a de “gaita escocesa”) que se concede no marco do Festival de Lorient.