Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cinco agrupacións representarán á música galega no Festival Intercéltico de Lorient

O FESTIVAL DA BRETAñA FRANCESA ALCANZA AS 38 EDICIóNS

Cinco agrupacións representarán á música galega no Festival Intercéltico de Lorient

FOLK | xullo 29, 2008

imaxe non dispoñible

As melodías do grupo Quempallou serán a primeira mostra da música galega en soar no escenario da importante cita bretoa que se inicia este venres na pequena cidade de Lorient. Durante os dez días do evento representantes musicais do países celtas pasarán polo escenario que xa é un referente internacional xunto con outros da nos aterra como Ortigueira ou Moaña, co que coincide este ano. Os outros que tamén estarán en Bretaña será a Banda de gaitas Xarabal, de Vigo; Cantigas e Agarimos, de Santiago; os ourensáns Mutenrohi e as cantareiras Leilía, que actuarán no día do peche do evento que este ano alcanza a súa trixésima oitava edición.