Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Filharmonía dará trinta concertos na súa nova temporada

PAUL DANIEL E MAXIMINO ZUMALAVE SERáN DOUS DOS DIRECTORES DO PROGRAMA

A Filharmonía dará trinta concertos na súa nova temporada

CLáSICA/LíRICA | xullo 23, 2008

imaxe non dispoñible

A Novena Sinfonía de Beethoven dirixida por Ros Marbá abrirá o vindeiro 26 de setembro na Catedral de Santiago a nova temporada da Filharmonía de Galicia. En total serán trinta concertos, con directores convidados coma Paul Daniel, Maximino Zumalave, David Atherton, Anne Manson, Tuomas Ollila-Hannikainen, Frans Brüggen, Theodor Guschlbauer, Max Valdés e Juanjo Mena entre outros. Tamén se abrirán oito ensaios ao público e están previstas actuacións no Festival da Ópera da Coruña, en Madrid, en Sevilla e mais en Barcelona.