Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sinfónica de Galicia desdóbrase para achegar dúas óperas na apertura do Festival Mozart

O TEATRO DA óPERA

A Sinfónica de Galicia desdóbrase para achegar dúas óperas na apertura do Festival Mozart

CLáSICA/LíRICA | maio 14, 2008

imaxe non dispoñible

“Grandes artistas, grandes directores de escena, grandes cantantes para interpretar un gran teatro de autor”. Esta é a declaración de intencións que Paolo Pinamonti avanzou sobre esta nova edición do Festival Mozart que comeza o xoves 22 na Coruña. Unha nova liña que aposta, non só por recuperar obras do compositor salzburgués, senón tamén polo carácter renovador da escena lírica do seu tempo. Publicacións, proxeccións pero sobre todo moitos concertos compoñen o cartel desta edición que contará con dúas producións propias: “Cosí Fan Tutte” e “O Rapto no Serrallo”. Ademais, xa se avanzou que a vindeira temporada réndelle homenaxe a Graham Vick, outro dos drandes directores de escena do século XX.