Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un estudo destaca a dependencia da industria musical da Administración

CANTAR MAIS TRABALLAR

Un estudo destaca a dependencia da industria musical da Administración

MISCELáNEA | maio 13, 2008

imaxe non dispoñible

Os músicos do país non son só músicos, son tamén traballadores noutras profesións. Para exercer o seu traballo musical teñen unha gran dependencia da administración, están moi pouco especializados e actúan como pequenos “home-orquestra” que producen, editan e se representan a si mesmos. Estas son algunhas características da industria musical no noso país que recolle o informe elaborado por E-burbulla para o IGAEM e cuxos datos principais publica hoxe El País.