Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Xacobeo levará a organización artística do festival de Ortigueira
O Xacobeo levará a organización artística do festival de Ortigueira
maio 6, 2008
Aínda que xa participara en outras edicións como patrocinador do Festival Internacional do Mundo Celta a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo entrará este ano directamente na organización do evento. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou hoxe un convenio asumindo a contratación e produción dos espectáculos e actividades paralelas, así como o deseño da publicidade e imaxe corporativa a cargo do Xacobeo. A parte da organización artística do prestixioso festival quedará así enteiramente nas mans do Xacobeo. O alcalde de Ortigueira, Rafael José Girón, tamén asinou o convenio polo que o Concello comprométese en cuestións loxísticas, de vixilancia, limpeza, transporte, servizos sanitarios, licencias e autorizacións, etc.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 7/ 2016 | Milladoiro presenta un CD-DVD ao vivo en Ortigueira
- 14/ 6/ 2013 | Preséntase o 29 Festival de Ortigueira
- 6/ 5/ 2013 | Guezos é o único grupo galego na final do Proxecto Runas
- 1/ 6/ 2009 | Os internautas escollerán os grupos noveis do Festival de Ortigueira
- 18/ 6/ 2008 | Moving Hearts, The Dubliners, Värttinä, Sondeseu, Uxía ou Fía na roca fan parte do programa do Festival de Ortigueira