Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Michel Camilo e Eddi Palmieri son os principais reclamos do Festival de jazz de Ourense

MAIO DE JAZZ

Michel Camilo e Eddi Palmieri son os principais reclamos do Festival de jazz de Ourense

JAZZ/BLUES | maio 6, 2008

imaxe non dispoñible

O final deste mes de maio terá como banda sonora o jazz. Se esta fin de semana coñecíamos o programa dunha nova xeira do Imaxina Sons, onte deuse a coñecer o cartel da duodécima edición do Festival Jazz de Primavera de Ourense que comeza o xoves. Unha cita que contará coa presenza de Michel Camilo e Eddie Palmieri, que suman entre os dous unha ducia de Grammys e son os principais reclamos. Pero non son os únicos, Jorge Pardo, o cuarteto Arguy ou o trompetista Randy Brecker estarán por Ourense neste certame que se prolonga ata o 28 de maio.