Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os compositores Jesús Bal y Gay, Enrique Macías e Manuel Balboa son homenaxeados estes días

HOMENAXE MUSICAL

Os compositores Jesús Bal y Gay, Enrique Macías e Manuel Balboa son homenaxeados estes días

CLáSICA/LíRICA | marzo 25, 2008

imaxe non dispoñible

Jesús Bal y Gay é un dos compositores galegos máis prolíficos pero tamén menos coñecidos. Agora, unha das súas pezas a “Sonata para clarinete e piano” que escribiu en México acaba de ser editada nun disco preparado polos músicos Saúl Canosa e Natalia Méndez. Canda ao compositor lucense, outros dous músicos van ser recoñecidos estes días. Son Enrique Macías e Manuel Balboa que recibirán sendas homenaxes nos seus respectivos concellos de nacemento coa colaboración da Consellaría de Cultura.