Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha exposición permanente amosa en Lugo 400 instrumentos tradicionais
Unha exposición permanente amosa en Lugo 400 instrumentos tradicionais
marzo 13, 2008
O Centro de Artesanía e Deseño que depende da Deputación Provincial de Lugo abre esta tarde unha exposición permanente sobre música tradicional. Na mesma pode verse unha selección de 400 instrumentos entre os que hai mostras do século XVIII que constitúe, segundo Lara Méndez, vicepresidenta desta institución, “a única exposición de instrumentos musicais catalogada e baseada en criterios científicos que existe en Galicia”. Segundo explicou a responsable, este catálogo quere servir como base para futuras investigacións e análises do patrimonio musical.