Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival Mozart concéntrase nun mes e estrea director artístico

MOZART EN TRINTA DíAS

O Festival Mozart concéntrase nun mes e estrea director artístico

CLáSICA/LíRICA | marzo 3, 2008

imaxe non dispoñible

O Festival Mozart busca unha maior proxección nacional e internacional. E para conseguilo está a ultimar unha serie de cambios que xa se verán na edición de 2008. O primeiro deles pasa polo novo director artístico, Paolo Pinamonti, que contratou Félix Palomero e que pretende darlle un cambio á programación e contidos do festival para centralo só no compositor salzburgués. O segundo ten que ver coa duración do evento que pasa a concentrarse nun mes (do 22 de maio ao 28 de xuño).