Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A zanfona será a protagonista da actividade musical de Ferrolterra con dous eventos paralelos

FERROLTERRA FAI SOAR A ZANFONA

A zanfona será a protagonista da actividade musical de Ferrolterra con dous eventos paralelos

FUSIóN | febreiro 27, 2008

not_11654.jpg

A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque presenta dúas producións coincidentes nesta fin de semana en Ferrolterra e que teñen a zanfona como denominador común. Por unha banda o Concello de Narón promove o 4º Encontro de Zanfona Contemporánea, un referente consolidado para os interesados neste instrumento. Dentro do programa o mestre francés Valentin Clastrier será o encargado dun curso intensivo do instrumento nas instalacións do convento-pazo de Baltar. Organízase tamén un escenario aberto para zanfonistas solistas ou en formación (tamén con outros instrumentos) con entrada de balde o sábado 1 á noite. En paralelo, o ciclo “Diálogos con zanfona” ofrece no Teatro Jofre 3 concertos en dous días promovidos polo Concello de Ferrol. O venres a Baldo Martínez Grand Ensemble interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Nos concertos do domingo Germán Díaz trae o espectáculo “O sea, π” e actuará en solitario o austríaco Matthias Loibner.