Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Compostela celebra cun concerto a presentación do catálogo dos grupos que usan os locais municipais de ensaio
Compostela celebra cun concerto a presentación do catálogo dos grupos que usan os locais municipais de ensaio
febreiro 14, 2008
As formacións Mito Escrito, Hyde casino, Sinestesia e Bronquitis Crónica será as encargadas de darlle son mañá á noite na Sala Capitol para a entrega destes cadernos promocionais. O “book”, presentado hoxe aos medios polo concelleiro de Xuventude Xosé Baqueiro, ofrece información de estilo, repertorio e contacto de 32 dos máis de cincuenta grupos que utilizan as instalacións municipais. Esta acción ten como fin aumentar a presenza destas formacións ante os medios e os promotores musicais públicos e privados, por iso distribuiranse exemplares, ademais de entre os músicos, a produtoras de espectáculos e concellos. O Concello compostelán tamén prepara a celebración dun concurso de grupos noveis así como levar a acabo o intercambio de bandas con outras localidades adscritas á Rede Galega de Locais de Ensaio apoiada pola Dirección Xeral de Xuventude. Baqueiro apuntou aos concellos de Boiro e Vigo como dúas posibilidades viables da iniciativa de intercambios.
Tamén che pode interesar:
- 27/ 2/ 2017 | Novos proxectos en Compostela e Oleiros apostan polas músicas locais
- 27/ 1/ 2009 | A actualidade do pop e o rock consegue un espazo na TVG co novo programa Banda Curta
- 26/ 1/ 2009 | A actualidade do pop e o rock consegue un espazo na TVG co novo programa BANDA CURTA
- 6/ 8/ 2008 | Os músicos da Rede de Locais de Ensaio dispoñen dun novo portal para difundir a súa actividade