Guadi Galego deixa Berrogüetto e entra Xabier Díaz a substituíla
xaneiro 10, 2008
Nun comunicado aos medios o emblemático grupo folk Berrogüetto ven de anunciar dous importantes cambios na súa formación. Deixa o grupo a cedeirense Guadi Galego, cantante e gaiteira de Berrogüetto durante 10 anos, e entra nel, ocupando as mesmas labores, Xabier Díaz, vocalista, gaiteiro e percusionista. Despois da xira de presentación do seu traballo de aniversario “10.0”, o grupo afronta así un ano cargado de proxectos e comeza a pensar no seu quinto traballo discográfico. No comunicado a banda agradece a Guadi “os anos dedicados ó grupo, a súa voz, as súas composicións, a súa compañía e amizade.” Guadi Galego ten xa dous discos publicados con outros proxectos musicais á marxe de Berrogüetto nos últimos anos, “Espido”, co seu compañeiro de Berrogüetto Guillermo Fernández, e Nordestin@s con Ugia Blanco e Abe Rábade. Xabier Díaz ten editados os discos “Músicas de Salitre, tamén xunto a Guillermo Fernández, e “Coplas para Icia”.
Tema sobre Nordestin@s nos nosos arquivos
Tamén che pode interesar:
- 2/ 2/ 2016 | Xabier Díaz entra na World Music Charts Europe co seu último disco
- 7/ 10/ 2015 | Sae á venda The Tambourine Man de Xabier Díaz
- 24/ 11/ 2014 | Guadi Galego sae do folk en Lúas de outubro e agosto
- 9/ 5/ 2012 | aCadaCanto presenta o seu disco
- 20/ 5/ 2009 | Con Benzón Guadi Galego presenta o seu disco máis conceptual e universal