Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Foundation Reggae Festival organiza un concurso de grupos de ámbito nacional

O REGGAE NACIONAL EN LIñA

O Foundation Reggae Festival organiza un concurso de grupos de ámbito nacional

FUSIóN | xaneiro 10, 2008

not_11351.jpg

Unha das novidades da oitava edición do Foundation Reggae Festival en Culleredo o vindeiro mes de setembro será a subida ao escenario dun grupo elixido a través dun concurso de ámbito nacional. Esta concurso xa existía, e segue existindo, para bandas da comunidade galega que quedan excluídas da competición nacional. A Asociación Cultural Negus é a impulsora deste festival xenérico, referente nacional deste tipo de música, co apoio do Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña. As bases contemplan tamén que as obras presentadas poderán escoitarse no sitio web do festival durante todo o ano, así como unha votación popular en liña que podería supor a invitación a participara ao grupo máis votado ademais de ao que elixa o xurado. As bases para grupos galegos non inclúen estes apartados.

VIDEO | VII Foundation Reggae Festival