Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ortigueira convoca un concurso iberoamericano de composición para bandas de música
Ortigueira convoca un concurso iberoamericano de composición para bandas de música
xaneiro 9, 2008
Malia ser musicalmente máis coñecida polo festival celta a vila coruñesa de Ortigueira terá agora presenza internacional no circuíto das bandas de música. O Concello ven de presentar o I Concurso Iberoamericano de Composición para Banda de Música “Vila de Ortigueira”, un certame que nace coa colaboración de máis dun cento de orquestras e formacións de ata 12 países. O galardón carece de dotación económica pero a peza gañadora será interpretada por todas as bandas e orquestras colaboradoras que enviarán ao compositor un certificado de estrea da peza nos seus respectivos países e localidades. O prazo de envío está aberto ata o 12 de marzo deste ano.
Máis información en Concello de Ortigueira
Tamén che pode interesar:
- 2/ 4/ 2013 | Volta a se convocar o concurso de gaita Constantino Bellón
- 18/ 6/ 2009 | A Federación de Bandas denuncia recortes no apoio da Xunta
- 17/ 6/ 2008 | Cultura promove a galeguización dos repertorios das bandas de música
- 10/ 4/ 2008 | Un congreso reúne en Ortigueira bandas de música de todo o mundo
- 24/ 5/ 2007 | Cultura pesenta o primeiro Certame de Bandas de Música Populares con outras medidas de apoio a estes grupos