Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O IGAEM potencia a distribución e a produción nas axudas para o sector escénico e musical
O IGAEM potencia a distribución e a produción nas axudas para o sector escénico e musical
xaneiro 9, 2008
O vindeiro luns 14 sairá publicada a convocatoria das axudas para o sector escénico e musical, pero o boletín e-scena do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais avanza algúns datos. En primeiro lugar, que esta entidade destinará 2.120.000 euros a promover o sector, o que supón un 35% máis con respecto á última edición. O incremento afecta, sobre todo, á creación e a distribución, o que incide na idea apuntada en varias ocasións desde a Consellaría de Cultura de fomentar a produción de danza, teatro, música e maxia e buscar novas vías para mover os espectáculos. Outra das novidades pasa pola introdución de elementos correctores nos baremos e que toda a documentación será valorada por tres comisións. Ademais, as axudas a investigación e estudo desaparecen en favor da formación especializada. Todo isto engádese ao xa anunciado “Crédito-Cultura”.
Máis información no boletín e-scena (en pdf) e nesta nova o Crédito Cultura
Tamén che pode interesar:
- 14/ 8/ 2007 | Brath, Cristina Pato ou GalegoZ son algúns dos grupos que reciben axudas á difusión do IGAEM
- 30/ 3/ 2007 | Unhas xornadas reflexionarán sobre a posibilidade de manter unha industria musical galega rendible e con proxección
- 5/ 12/ 2006 | O IGAEM anuncia a creación de dúas liñas de axuda para a música galega
- 20/ 5/ 2003 | O IGAEM acaba de convocar as axudas á producción e distribución