Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Premios Maketón poñen nome ao mellor da música viguesa no 2007

SéTIMOS PREMIOS MAKETóN

Os Premios Maketón poñen nome ao mellor da música viguesa no 2007

MISCELáNEA | decembro 21, 2007

not_11280.jpg

Trinta candidaturas aspiran a facerse mañá cun dos cinco galardóns da 7ª Edición dos Premios da Música MAKETON ESTRELLA GALICIA que se coñecerán o sábado 22 en La Fábrica de Chocolate de Vigo. Cada un dos cinco proxectos propostos a cada unha das cinco categorías establecidas, desenvólvense en Vigo e a súa área Metropolitana como premias indispensable para a candidatura. Os internautas propuxeron candidatos e votaron a través do sitio web do programa radiofónico local de Los 40 entre o 1 e o 19 de decembro. Dentro das categorías de Mellor Maketa, Mellor Directo, Mellor Produtor, Mellor Disco e Premio á Traxectoria Musical só a candidatura de Juan Rivas se repite nestas dúas últimas categorías. Outros nomes coñecidos que se barallan como candidatos son Iván e Amaro Ferreiro, Carlos Núñez, Austria, Cornelius, Nadadora ou Pacífico. Este grupo, xunto co grupo CeoDei actuarán durante a gala dos premios.

Máis información en VISADO de Faro de Vigo