Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Concello da Coruña celebra con concertos a Semana da Biblioteca
O Concello da Coruña celebra con concertos a Semana da Biblioteca
outubro 23, 2007
Como un agasallo para os lectores habituais definiu a concelleira de Cultura do Concello da Coruña o programa de concertos que esta semana acollerán as salas de lecturas da cidade. Como celebración musical da Semana da Biblioteca desde onte a ata o xoves cada día haberá concertos nestes centros. As caboverdianas de Batuko Tantaka abriron onte a semana na Biblioteca da Sagrada Familia, hoxe será o grupo Serra-llhe Aí! na Biblioteca de Monte Alto; o mércores o dúo Bellón e Maceiras actuará en Durán Loriga ás 19:30 horas e o xoves o Forum Metropolitano acollerá dúas actuacións, Kin García trío e Bonovo a partir das 20 horas.
Maís información en Concello da Coruña