Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Xa está en marcha a preparación do segundo congreso de ensinantes de música tradicional
Xa está en marcha a preparación do segundo congreso de ensinantes de música tradicional
outubro 10, 2007
A Asociación de Gaiteiros Galegos está xa a preparar o II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA, que terá lugar o 7, 8 e 9 de Decembro de 2007 en Santiago de Compostela. O Auditorio de Galicia será o marco que acolla a congresistas, mestres, gaiteiros, artesáns ou simples afeccionados á música tradicional. Unha das formas de participar, ademais da presencial, é a través do envío de comunicacións. O prazo de presentación dos resumos das comunicacións será ata o 16 de Novembro de 2007. O pasado ano na primeira edición deste congreso presentouse por parte da Fundación Sondeseu o primeiro libro branco de educación do sector con relevantes cifras.
Máis información na Asociación de Gaiteiros
e o noso tema sobre Educación en música tradicional
Tamén che pode interesar:
- 25/ 11/ 2010 | A falta de apoios leva á suspensión do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
- 28/ 10/ 2008 | Os profesores de Música Tradicional analizarán a presenza desta materia no ensino
- 10/ 10/ 2007 | O Conservatorio de Música Tradicional de Vigo pasará a ser Escola
- 17/ 11/ 2006 | Os ensinantes de música tradicional reúnense por primeira vez para analizar o sector
- 10/ 11/ 2006 | A Fundación Sondeseu presentou o Libro Branco da Educación en Música Tradicional en Galicia