Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A comunidade “hardcore” mobilízase por solidariedade cos integrantes do grupo Ictus

DUROS CON CORAZóN

A comunidade “hardcore” mobilízase por solidariedade cos integrantes do grupo Ictus

ROCK | outubro 3, 2007

not_10743.jpg

A Sala Zona de Bueu acollerá este sábado un concerto de catro grupos e dous picadiscos que busca recadar cartos que axuden aos integrantes do grupo de hardcore Ictus. Os grupos Prap´s , Kogito, Última Sacudida e The Señoritos, xunto a DJ Gavu e DJ David Graña porán a música nesta noite na que os roqueiros dan toda unha lección de solidariedade. O 2 de agosto pasado o grupo lugués Ictus percorría Europa nunha xira na que xa presentaban temas do seu cuarto disco gravado antes do verán, un accidente nunha autopista de Bielorrusia rematou traxicamente coa xira colocando en estado de máxima gravidade ao seu batería, Mejuto, cun traumatismo vertebral que o mantivo inconsciente moito tempo e completamente paralizado. Desde entón a comunidade musical do hardcore e o punk tense envorcado en diversas mostras de apoio moral e económico para axudar nos gastos médicos e de intendencia que todo isto lles causou. O de Bueu é o segundo concerto destas características despois do celebrado en Llodio o pasado 21 de setembro.


Máis información en Máis Alá Distri
e no MySpace de Ictus