Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sala Capitol de Compostela poderá cancelar a súa programación musical
A Sala Capitol de Compostela poderá cancelar a súa programación musical
setembro 7, 2007
En poucos anos, a Sala Capitol, ubicada en Santiago de Compostela, converteuse nun referente galego e estatal na súa programación musical, pero o seu propietario, Francisco Sanín, anunciou que esta actividade poderá finalizar en outono, “debido á falta de apoios”. Desde a súa apertura, a sala tivo un complicado encaixe administrativo para delimitar os usos e os horarios de apertura deste antigo cine compostelán. Agora, Sanín anuncia que, de non frutificar as negociacións co Concello de Santiago para estender o horario de apertura, finalizará esta programación. Recentemente, Santiago xa viu o peche doutros dous espazos emblemáticos de programación cultural: a Sala Yago e a Sala Galán.
Máis información en El País e La Voz de Galicia