Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Escola de Altos Estudos Musicais reune a prestixiosos contrabaixistas nun festival sobre este instrumento
A Escola de Altos Estudos Musicais reune a prestixiosos contrabaixistas nun festival sobre este instrumento
xullo 5, 2007
Un total de 23 alumnos galegos e de fóra de Galiza participará a partir de mañá no Festival de Contrabaixo “Ludwig Streicher”, que se desenvolverá até o vindeiro 13 de xullo na sede da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en Compostela. Ademais do programa lectivo, o encontro será o marco para a celebración de distintas actividades complementarias, entre as que destaca a escenificación da obra “El contrabajo” de Patrick Süskind, un obradoiro de técnicas teatrais aplicadas á interpretación deste instrumento e distintos concertos abertos, dous deles protagonizados polos alumnos, abertos ao xeral e de entrada libre. Organizado pola EAEM e coordinado polo profesor Carlos Méndez, contrabaixo principal da Real Filharmonía de Galicia, o festival naceu a partir da iniciativa dun grupo de antigos alumnos do desaparecido mestre austríaco Ludwig Streicher na Escuela Superior Reina Sofía de Madrid.
Máis información no IGAEM
Tamén che pode interesar:
- 30/ 6/ 2009 | Concertos e conferencias achegan o contrabaixo ao público compostelán
- 25/ 1/ 2007 | Preséntase o I Festival e Academia de Música de Cámara, que achegará trinta e nove concertos ao país
- 9/ 6/ 2004 | Xunta e Concello de Santiago inauguran mañá a Escola de Altos Estudos Musicais
- 13/ 2/ 2003 | A Escola de Altos Estudios Musicais comeza a temporada de actuacións