Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival itinerante “As nosas músicas” chega á sexta edición programando máis concertos
O festival itinerante “As nosas músicas” chega á sexta edición programando máis concertos
xullo 3, 2007
Naceu en 2001 co compromiso da Fundación Caixa Galicia de achegar o máis destacado da música galego-portuguesa polo noso país. Agora, seis anos despois “As nosas músicas” medra en número de concertos. En total 41 concellos das catro provincias poderán gozar da música de grupos históricos como Treixadura ou Mercedes Peón, proxectos novidosos e afianzados como Marful ou Lamatumbá, e este ano, como novidade, están os barceloneses “The Unfinished Simpathy”.
Máis información no web da Fundación Caixa Galicia e na nosa hemeroteca
Tamén che pode interesar:
- 3/ 3/ 2015 | O IX Festival de Músicas Contemplativas achegará 17 concertos
- 24/ 1/ 2013 | Regresa á oferta compostelá o Festival Músicas Contemplativas
- 6/ 4/ 2009 | O recuperado retablo de Ánimas protagoniza o Festival de Músicas Contemplativas
- 4/ 3/ 2009 | O Consorcio de Santiago presenta a cuarta edición do festival de Músicas Contemplativas
- 26/ 11/ 2008 | Cantos na maré chega á súa sexta edición