Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A edición de verán do portal potencia a información de servizos e a axenda

O VERáN XA CHEGOU

A edición de verán do portal potencia a información de servizos e a axenda

CLáSICA/LíRICA | xullo 2, 2007

imaxe non dispoñible

Aínda que a metereoloxía non estea pola labor, os calendarios de culturagalega.org indican que estamos no verán. Para adaptarnos un pouco mellor ao teu ritmo, fixemos algúns cambios na nosa portada. Deste xeito, potenciamos a nosa axenda de eventos e de música para que tires o máximo partido ao teu tempo de lecer. E tamén, os venres tamén ofrecemos “A semana da cultura”, unha selección de contidos informativos da semana que podes imprimir e levar contigo. Agardamos que pases un bo verán.

Consulta a nosa axenda