Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Comeza a terceira edición do festival Imaxina Sons que presenta doce días de actividades diversas

ESPERTA A IMAXINASON

Comeza a terceira edición do festival Imaxina Sons que presenta doce días de actividades diversas

JAZZ/BLUES | xuño 21, 2007

not_10189.jpg

Coa actuación do saxofonista noruegués Jan Garbarek hoxe ás 22 horas, no Centro Cultural Caixanova inaugurarase esta cita co jazz en Vigo. O festival prolongarase ata o vindeiro domingo 1 de xullo, día na que a actuación da Imaxina Jazz Orquestra, dirixida por Nani García, clausurará esta edición. Ao longo destes doce días, o festival celebrará numerosos concertos e actividades paralelas como exposicións, clases maxistrais, pasarrúas, mesas redondas e conferencias e os concertos que se desenvolverán en horario nocturno nos clubs, dentro do ciclo denominado "Jazz na Noite". A Imaxina Jazz Orquestra é unha produción propia do festival e unha clara aposta por reafirmar o valor dos músicos galegos de jazz. Os concertos que ofrecerá o festival son moi variados e inclúen todos os formatos, desde solistas, dúos ou tríos ata formacións de gran dimensión. No festival hai destacada presenza de músicos galegos.

Máis información en Imaxina Sons