Crónica humorística da expedición ecoloxista de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) a Londres en 1983. Unha das accións de maior alcance de ADEGA foi a loita contra os vertidos radiactivos na Foxa Atlántica, nos primeiros anos oitenta. No verán do ano 1983 e como culminación dunha intensa campaña de mobilizacións por toda Galicia, ADEGA organiza unha expedición de protesta a Londres. Neste caderno recóllese un diario como crónica oficiosa da viaxe, a xeito de homenaxe a cantos fixeron posible a moratoria e o cesamento dos vertidos radiactivos, un dos principais éxitos do ecoloxismo galego.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2002
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: Carece
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Fanzine
Formato: en espiral, 24.5 x 21 cm, 21 páxinas, interior en branco e negro, capas en branco e negro
PVP: euros
Tiraxe: exemplares
Distribución:
Entidade:
,