Curioso catálogo de moda outono-inverno 2008-09 que mestura unha sorte de fotonovela muda con debuxos. Emprega a linguaxe da banda deseñada para, por un lado, amosar a roupa de Pontemoda Difusión, S.L. e polo outro, contar unha historia cómica na que a un torpe ladrón lle saen mal as falcatruadas que lle quere facer á modelo que loce as prendas. Dirección de arte de Juan Salgueiro e fotos de Jacobo e Damián Gayo. Ilustracións de Bunkergraphics.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2008
Textos en ningún idioma
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: Carece
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampada, rústica, 33 x 23 cm, 24 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución:
Entidade:
,