» banda deseñada »  publicación
Sam e Twitch. O caso Udaku
2012 | Álbum

 

A parella de detectives de Nova York investiga asasinatos relacionados coa mafia cando descobren varios dedos pulgares seccionados que resultan ter o mesmo ADN en diversas fases de evolución. Escrito por Brian Michael Bendis e debuxado por Ángel Medina. O primeiro volume, O inicio do caso Udaku, compila os catro números grampados estadounidenses da miniserie homónima, unh historia que completa o segundo volume, O final do caso Udaku.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2012
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade aperiódica
Depósito legal: C 360-2012
ISBN: 978-84-939962-0-8 (I) e 978-84-939962-1-5 (II)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: rústica con lapelas de 7 cm, cosido fío vexetal, 24 x 17 cm, 100 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 13 euros
Tiraxe: 1000 exemplares
Distribución: Calvo Conde e librarías listadas no web da editorial
Entidade: Asociación Cerditos de Guinea Comics,

  Noticias relacionadas

Cerditos de Guinea lanza a serie Ron
Publicado o 29 / 11 / 2011
Gochi recupera en formato o personaxe da súa época de fanzines e editará en galego Sam e Twitch

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org