» banda deseñada »  publicación
Historias de Mestre Raposo | Historias de Maese Zorro. Le Roman de Renart
2010 | Álbum

 

Cómic de temática humorística e picaresca. O ilustrador Bruno Heitz adapta Le Roman de Renart, unha das obras literarias máis antigas escritas en francés. Foi redactada en forma de poemas durante os séculos XII e XIII para parodiar a épica e a novela cortesá da época. Os sucesos que se narran transcorren nunha sociedade animal, antropomórfica, e o seu principal protagonista é Renart, o raposo. As historietas, distribuidas en capítulos, remóntanse á época medieval: a fame e a penuria acucia os máis desfavorecidos e Mestre Raposo utiliza o enxeño para conseguir alimentos para a súa familia. O segundo volume saiu en 2011. As cantidades indicadas nas tiraxes son iguais para ambos tomos.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2010
Textos en galego e castelán
Continúa a publicarse
Periodicidade aperiódica
Depósito legal:
ISBN: 978-84-96957-81-7 (nº1 ed. galego), 978-84-96957-82-4 (nº1 ed. castelán), 978-84-15250-20-3 (nº2 ed. galego), 978-84-15250-19-7 (nº2 ed. castelán)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, 31 x 23 cm, 48 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 15 euros
Tiraxe: 2.000 exemplares en castelán e en galego 1.000 exemplares
Distribución: librarías xeralistas
Entidade: Faktoría K de Libros,

  Noticias relacionadas

Faktoría K desembarca en Viñetas con tres novidades de BD
Publicado o 4 / 8 / 2011
Historias de Mestre Raposo 2, Me aburro e El señor Top son os novos lanzamentos
BD: Radiografía 2010
Publicado o 12 / 1 / 2011
Culturagalega.org presenta o primeiro resumo estatístico sobre a produción de banda deseñada no noso país
Cadriños sen crise
Publicado o 10 / 8 / 2010
Viñetas desde o Atlántico mantén o seu nivel cunha maior participación do sector
Faktoría K edita BD para público infantil na súa campaña de verán
Publicado o 7 / 7 / 2010
Luis vai á praia, de Guy Delisle e Historias de mestre raposo, de Bruno Heitz son as novidades da editorial

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org