Catálogo da exposición que co mesmo nome levou por todo o mundo unha selección da mellor historieta española desde a época da Transición até a actualidade. Itinerou por capitais como Bruxelas, São Paulo, Rio de Janeiro, Nova York, Estocolmo, Londres ou Munich. Esta iniciativa do Instituto Cervantes contou coa colaboración da Fundación Antonio Pérez e o concello de Cuenca. Despois das presentacións de César Antonio Molina (daquela director do Cervantes) e José María Conget (comisario), o catálogo componse dos capítulos seguintes: A banda deseñada até a morte de Franco, a Transición Democrática e a explosión do cómic (1975-1982), a crise, o presente, o futuro, e mais un índice dos autores presentes, entre os que se contan Carlos Giménez, Albert Monteys, Jordi Bernet, Pere Joan e tantos outros.
FICHA TÉCNICA
España, 2006
Textos en Castelán, inglés
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: Carece (NIPO 503-07-037-8)
ISBN: 978-84-88252-78-4
ISSN: Carece
Categoría: Catálogos e manuais
Formato: rústica plastificada con solapas, lombo colado encadernado fío, 26 x 19 cm, 168 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: exposición
Entidade:
,
autores