O primeiro álbum desta serie, "A irmandande dos lectores tristes" saíu en 1994 dentro da campaña VI Tren Caixa Galicia, e desde aquela Xerais e a Fundación Caixa Galicia publicaron tres títulos máis: "Flores desde Hiroshima" (1995), "No nome da amada morta" (1996) e "A maldición dos Velasco" (1999). A serie está debuxada por Fausto Isorna sobre guións de Aníbal Malvar e Rober G. Méndez, e narra as aventuras de tipo detectivesco da moza Simón e do seu amigo o detective Sam Espada. En 2006 Fausto retoma a serie en solitario co quinto álbum, "Están vivas", publicado por Fundación Caixa Galicia.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 1994
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade aperiódica
Depósito legal:
ISBN: 84-89231-05-2 (Flores...), 84-89231-15-X (No nome...), 84-89231-69-9 (A maldición...), 84-96494-67-5 (Están...)
ISSN: Carece
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, vertical, cosido fío (vol.1-4); rústica, apaisado, lombo colado (vol.5), 30 x 21 cm, 48 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 8.65 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: Galicia
Entidade:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.,
Fundación Caixa Galicia,
autores