Un salón de té, en realidade “un consultorio psico-anímico” rexentado
por un oso, Sigfrido, é o espazo en torno ao que se arman as historias
desta segunda novela gráfica do autor. O bonachón Sigfrido, especialista en infusións e licores variados, levanta acta de historias de amor e desamor filial e de parella, de relatos sobre lealdades, de emocionadas lembranzas, de homenaxes, de procuras dunha tercera vía encamiñada a sortear o naufraxio do individuo e tamén da violencia inherente ao ser humano. Esta obra levou moitos e importantes premios que podes ver referidos consultando a ficha do autor.
FICHA TÉCNICA
País Vasco, 2006
Textos en castelán
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: BI 2740-06
ISBN: 84-935385-1-5
ISSN: carece
Categoría: Álbum
Formato: rústica con solapas, 24 x 17 cm, 184 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 18 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: todo o Estado
Entidade:
,
autores
Noticias relacionadas
Disección do heroismo
Publicado o 11 / 4 / 2011
Analizamos con David Rubín a narrativa da súa última novela gráfica