» banda deseñada »  publicación
Os Espíritos Azuis | Los Espíritus Azules
2010 | Álbum

 

A protagonista é a intrépida e afouta Silvana. Seu pai, o famoso explorador Jorge Baena, atópase na selva de Sumatra levando a cabo unha expedición zoolóxica. Silvana irá reunirse con el para pasar as vacacións e viaxará acompañada por seu tío Hércules, un xornalista sempre envolto en investigacións de fenómenos paranormais e misteriosos. Mais a viaxe comeza dun xeito accidentado e Silvana e Hércules pasarán antes por Exipto, onde uns estraños demos están a atacar os participantes dunha escavación arqueolóxica. Silvana terá un papel destacado na resolución deste misterio. Este é o primeiro álbume de Silvana, a Filla do Explorador, unha historia antes publicada por partes na revista Galimatías.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2010
Textos en galego e castelán
Edición rematada
Periodicidade aperiódica
Depósito legal:
ISBN: 978-84-938225-4-5 (ed. galego) e 978-84-938225-3-8 (ed. castelán)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: Rústica con lapelas, 24 x 17 cm, 64 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 14 euros
Tiraxe: 1.500 exemplares en castelán e en galego 1.000 exemplares
Distribución: librarías xeralistas e especializadas
Entidade: El Patito Editorial,

autores

ramonmarcos.jpg
Marcos, Ramón
Guionista
Debuxante




Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org