Segundo traballo
profesional de Miguelanxo Prado, con guión de Gumersindo Martín Fernández Maceiras. Foi publicado
no diario La Voz de Galicia entre os anos 80 e 81. En total son setenta
tiras que retratan a vida dun grupo de amigos na época castrexa, e as súas
reflexións acerca do mundo e os cambios que se producen nel.
Este título é o primeiro número da Biblioteca Feima de Clásicos da Historieta Galega da Fundación Feima, con sede en Madrid, e El Patito Editorial. Existe versión en castelán deste
álbum.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2008
Textos en Galego
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: C 1194-2008
ISBN: 978-84-612-3397-7
ISSN: Carece
Categoría: Álbum
Formato: rústica con solapas, 28 x 21 cm, 48 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 12 euros
Tiraxe: 1000 exemplares
Distribución: Galicia
Entidade:
El Patito Editorial,
FEIMA,
autores