» banda deseñada »  publicación
Milan K. O prezo da supervivencia | Milan K. El precio de la supervivencia
2010 | Álbum

 

Esta primeira entrega da serie supuxo o debut conxunto do guionista americano coñecido polo pseudónimo de Sam Timel e do debuxante Corentin (París, 1983). A vida de Micha Khodorov cambia de súpeto e desde a infancia coñece o que significa perdelo todo cando seu pai, un rico e poderoso empresario, se converte en obxectivo do goberno ruso. Comeza entón para o rapaz unha amarga experiencia na compaña do seu fiel gardacostas Igor, marcada polas ameazas e as fuxidas, sempre baixo unha nova identidade. Álbum da selección oficial do festival de Angoulême 2010.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2010
Textos en galego e castelán
Continúa a publicarse
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN: 978-84-938225-2-1 (ed. galego) e 978-84-938225-1-4 (ed. castelán)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, 29,5 x 21,5 cm, 64 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 15 euros
Tiraxe: 2.000 exemplares en castelán e en galego 1.000 exemplares
Distribución: librarías especializadas e xeralistas
Entidade: El Patito Editorial,

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org