» banda deseñada »  publicación
Gárgolas (2 tomos)
2009 | Álbum

 

Ata hai pouco tempo, Gregor era un neno coma os outros. Ben, se cadra un pouco máis rosmón e solitario que a maioria, mais nada fóra do normal nun neno de 12 anos. Coa cabeza chea de soños, el imaxinaba vivir aventuras extraordinarias. A súa sorpresa vén cando, após descubrir un estraño medallón, Gregor se atopa en pleno século XVII, falando coma se nada en grego e vivindo no medio de seres máxicos. Gregor será o encargado de salvar todo un mundo que os humanos descoñecen. O volume 1 (O viaxeiro) publicouse en 2009 e o 2 (A chave do tempo) en 2011. Guión de D-P Filippi. Debuxo de J. Etienne. Deseño do libro de Gochi. Corrección lingüística de María Otero Porta.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2009
Textos en Galego
Continúa a publicarse
Periodicidade 
Depósito legal: C 2368-2009
ISBN: 84-935904-3-7
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: rústica con lapelas de 7 cm, interior papel estucado mate branco de 170 grs, cosidos fío vexetal, cuberta de cartulina gráfica invercote G branca de 300 grs, plastifícada mate e verniz UVI (20 cms2) una cara, 24 x 17 cm, 48 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 10 euros
Tiraxe: para o nº1 1000 exemplares e para o nº2 igualmente 1000 exemplares
Distribución:
Entidade: Asociación Cerditos de Guinea Comics,

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org