Publicación que recolle traballos de alumnos e alumnas de educación secundaria, ESO e bacharelato. Iniciativa da coordenadora de equipos de normalización lingüística do Salnés. Ten como finalidade promocionar o cómic, tanto nas súas técnicas de realización como medio de difusión da lectura. Houbo un parón na publicación a primeiros da década de 2000. Porén continuou e en 2012 alcanzaba o seu número trece. A edición é realizada e coordenada por un grupo de profesores.
FICHA TÉCNICA
O Salnés, 1996
Textos en Galego
Continúa a publicarse
Periodicidade Anual
Depósito legal: PO-240-2005
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampada, 21 x 29.7 cm, 32 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: 1200; no ano 2012 foron 1350 exemplares
Distribución: por centros de ensino
Entidade:
,